miércoles, 18 de noviembre de 2009

martes, 17 de noviembre de 2009

O GRUPO CÓ ALCALDE

VISITÁRONOS OS NOSOS SOCIOS DE AGRUPACIÓNS ESCOLARES

Os días 5, 6 e 7 de Novembro, recibimos no noso colexio a visita de dúas delegacións de comunidades educativas, chegadas de Ariño-Alloza (Teruel) e de Prats (Lleida) que levan traballando con nós dous cursos nun Proxecto común: "Compartindo tradicións a través da televisión escolar".
Eles viñeron compartir coa comunidade educativa do Ceip de Agro doMuíño unha tradición moi enraizada nos nosos costumes:"O MAGOSTO", do que disfrutaron e participaron activamente.
Así mesmo, tamén poideron desfrutar das belezas naturais do concello, da nosa gastronomía, do noso bo facer na persoa do noso alcalde quen agasallou e foi agasallado e ensalzou as virtudes de Ames, explicándolles un pouco da historia do Municipio.
  • O Director do colexio axudado por dúas alumnas de 4º preparou un powerpoint sobre o camiño de Santiago, un pouco de historia da cidade e do noso Cocello para rematar explicando o traballo diario que se fai no noso Centro.

O Blog do Colexio

O NOSO COLEXIO "O Ceip Agro do Muïño"